20 de maio de 2025

Actividade polo Aniversario

O pasado domingo a nosa entidade cumprio 36 anos.
Para facer unha pequena celebración o torneo de hoxe nos Martes de Xadrez terá un trofeo para o vencedor.
Torneo a cinco minutos e cinco roldas.

6 de maio de 2025

Martes de xadrez en maio

Rematados o Torneo de Lentas de Beltaine regresamos ao funcionamento previo. Media hora de xogo libre e algunha explicación e torneo de 5 minutos e 5 roldas.

Actividade de balde no Centro Comercial Los Rosales co apoio da Deputación da Coruña.

21 de abril de 2025

Volven os martes de xadrez

Quedan dous martes de xadrez neste mes de abril, nos que disputaremos as dúas roldas finais do Torneo de Lentas. No mes de maio retomaremos os torneos lóstrego en cada xornada.