1. Deseño de Programas: Ademais de seguir o temario dos distintos niveis da Asociación Galega de Xadrecistas, Palaestra ten eleborados temarios propios estruturados e progresivos que se adaptan a diferentes niveis e idades, desde principiantes até xogadores avanzados. Estes programas abarcan dende os fundamentos básicos até estratexias e tácticas máis avanzadas.
2. Instrutores Cualificados: Os monitores da nosa escola teñen experiencia de anos no xadrez e a coordinación depende do presidente Ernesto Pérez, que conta cun curso de posgrao de xadrez educativo na Universidade de Alcalá de Henares.
3. Clases Prácticas e Teóricas: Ofrecemos unha combinación de clases teóricas e actividades prácticas. Lembramos que os nosos torneos son unha referencia e adestrando para esas prácticas a maioría das clases nos Rosales consisten en hora e media de teoría e torneo.
4. Torneos: Organizamos torneos nas clases e algún dos torneos de mais sona na cidade como o de Entroido ou o do Centro Comercial Los Rosales para dar ao alumnado a oportunidade de pór en práctica as súas habilidades nunha contorna competitiva. Os torneos axudan a fomentar a autoconfianza e o espírito deportivo.
5. Atención Personalizada: Buscamos dar unha atención individualizada aos asistentes, identificando as súas fortalezas e áreas de mellora. Nalgúns dos cursos realizanse probas teóricas regulares para medir o progreso e axustar os programas en consecuencia.
6. Enfoque no Lúdico: Seguindo o lema da asociación Ad discendum nos delectamus, buscamos sobre todo ofrecer torneos e partidas aos nosos xogadores. O xadrez pode ser desafiante, pero tamén debe ser divertido e gratificante. Por iso realizamos tantos torneos, algúns con variantes lúdicas do xadrez.
7. Recursos de Aprendizaxe: Nos locais da escola contamos con distintos recursos educativos como libros, vídeos e/ou ferramentas en liña. Pensamos que Lichess é un dos espazos webs mais interesantes e contamos cun equipo activo na organización de torneos.
8. Eventos Especiais: Organizamos eventos temáticos, charlas, exhibicións e distintas accións relacionadas co xadrez para crear un sentido de comunidade entre os asistentes e fomentar o intercambio de coñecementos.
9. Fomento do Pensamento Crítico: O xadrez promove habilidades como o pensamento crítico, a toma de decisións e a planificación estratéxica, non só dentro do taboleiro, senón tamén na vida cotiá.
10. Colaboración con Escolas: Temos acordos con distintas escolas e coordinamos con AGAX algunhas actividades con centros estranxeiros.
Actualizado agosto 2023