14 de outubro de 2013

Circuito de xadrez dos primeiros luns de mes

A Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra organiza esta nova actividade consistente nun torneo de partidas rápidas todos os meses. En principio serán os primeiros luns, pero ás veces ao coincidir con festivos ou outras cousas pasa ao segundo mes.

Datas de celebración:
14 de outubro
4 de novembro
2 de nadal
13 de xaneiro
3 de febreiro
10 de marzo
7 de abril
5 de maio

Horario:
19,30-20,30

Lugar de xogo:
Sporting Club Casino

Outras características:
Os torneos serán de partidas rápidas a cinco minutos e a cinco roldas.
A cota de participación é de 1 euro por persoa.
Gratuito para socios de Palaestra, de AGAX e do Sporting Club Casino.
En cada torneo o gañador recibirá un pequeno trofeo.
Levarase unha clasificación combinada na que os tres primeiros clasificados ao final destas probas recibirán un trofeo cada un deles.