Data: 28 de febreiro de 2017.
Lugar: Sporting Club Casino - Rúa Real. A Coruña.
Hora de inicio: 17,00.
Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.
Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.
Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.
Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.
Categorías: Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.
Premios:
1º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
2º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
3º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
Trofeo para os tres mellores disfraces.
Partcipantes: Máximo 100
Inscricións: Abertas dende sábado 18 de febreiro a xoves 23 de febreiro. Exclusivamente a través do formulario ligado:
PREME PARA INSCRIBIRSE
Cota: 3 euros.
Cota ampliada: 8 euros (inclue un pequeno taboleiro de madeira como o que se ve na foto, que inclue xogo de xadrez, de damas, mikado e dominó).
Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo asociacion@palaestra.net. A cota federativa é de so 3 euros ao ano.
Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.