9 de decembro de 2020

IX XADREZ DE NADAL

IX XADREZ DE NADAL


A actividad anual este ano vai ter moitos cambios, pola situación da COVID. Tras actividades desenvoltas en días pasados, temos ralizado algunhas adaptacións sobre o programa que tiñamos previsto estes días. 

A actividade ten a condición de adestramento / partidas amistosas federadas, polo que é obrigatoria contar coa licenza federativa de 2020.

XADREZ NO NADAL é unha actividade de práctica presencial de xadrez a desenvolver os días 12 e 13 de decembro organizada pola SCD Palaestra e o Club Deportivo Auténtico.

1. Participantes.
Poderán participar nesta proba os xadrecistas que naceran en 2006 ou seguintes. Os sub8 e sub10 xogarán o sábado 12 e os sub12 e sub14 o domingo 13. Se hai prazas libres os xogadores sub8 e sub10 poderán participar tamén na actividade do domingo. Só habera 16 prazas por día.
2. Modalidade.
Se realizarán partidas en sistema suizo. Só haberá 4 roldas.
3. Ritmo de xogo.
Haberá 20 minutos de tempo por xogador. A criterio do árbitro podería non colocarse reloxo nas partidas ou ao principio das mesmas.
4. Lugar. 
Centro Comercial Los Rosales. Planta Alta
A actividade empregará dúas salas diferenciadas, alternando o uso dunha e outra para facilitar a limpeza, desinfección e aireación dos espazos entre roldas.
5. Horario.
SABADO 12 - Categorías Sub8 e Sub10 (nados en 2010 e seguintes).
DOMINGO 13 - Categorías Sub12 e Sub14 (nados entre 2006 e 2009).
Os dous días terán o mesmo horario.
1ª Rolda: 12,30 / 2ª Rolda: 13,15 / 3ª Rolda: 18,30 / 4ª Rolda: 19,15 
6. Premios.
O mellor de cada categoría levará un trofeo.
Haberá agasallos para todos os participantes.
7. Inscricións.
A inscrición é de balde.
Solicitamos a entrega de alimentos non perecedeiros.

Advertencia 1: Os participantes (ou os seus tutores) autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Os participantes recibirán un correo confirmando a inscrición co documento de aceptación de risco dacordo cos protocolos anti-COVID presentes na páxina da Federación Galega de Xadrez.

ASPECTOS ESPECIAIS POLA COVID
Será de aplicación a normativa de prevención antiCOVID de adestramentos da Federación Galega de Xadrez. As seguintes normas tamén serán de aplicación en tanto complementan algunhas das anteriores e non as limitan. 
1. É obrigatorio levar posta unha máscara en todo momento. Non estará permitido comer ou beber na sala de xogo. 
2. É obrigatorio o uso do xel na entrada da sala. Así mesmo deberá usarse sempre que as mans entren en contacto con superficies non desinfectadas e especialmente tras tocar as pezas manipuladas anteriormente polo rival (no caso das capturas). É aconsellable que cada xogador leve un frasco de xel.
3. Tamén será obrigatorio o uso da alfombra desinfectante que se coloque á entrada sa Sala de Xogo.
4. Os xogadores non permanecerán na sala de xogo mais tempo do necesario para xogar a partida. Polo tanto non haberá análise posterior. Tampouco poderán pasear pola sala.
5. Os xogadores non deberán darse a man ao inicio ou fin da partida. 
6. Antes de entrar na sala medirase a temperatura dos participantes.
7. Os aspectos aqui expostos poden verse complementados, antes e durante o torneo co fin de garantir na medida do posible unha actividade segura.

PREME PARA ANOTARSE


Ningún comentario:

Publicar un comentario