11 de xullo de 2023

Día do xadrez

Este ano imos iniciar un torneo que agardamos manter no futuro. O do Día Mundial do Xadrez.

Hai nin catro anos, o 12 de decembro de 2019, a Asemblea Xeral da ONU proclamou o 20 de xullo como o Día Mundial do Xadrez para conmemorar a data da fundación da Federación Internacional de Xadrez (FIDE) en París en 1924. Pero se pensas que xa existía antes estás no certo, viña sendo celebrada xa dende 1966 pola FIDE, pero sen a proclamación da ONU.

Na proclamación deste Día Mundial a ONU recoñeceu o xadrez como ferramente para mellorar a convivencia respectuosa entre todos os pobos.

TORNEO DIA MUNDIAL DO XADREZ

Xoves 20 de xullo

20,30 horas

5 roldas a 5 minutos

Ningún comentario:

Publicar un comentario