E xa empezamos este sábado, no que comeza a Liga Galega de Xadrez e varios encontros terán lugar no espazo de xadrez do centro.
En principio serán catro os encontros de Liga a celebrar alí, por tanto 32 xogadores que se darán cita na Sala de Xogo.
Así que dende as 16,00 teremos a sala aberta por se queres vir botar unhas partidas, ver como xogan as partidas de Liga.
Por outra banda a partires do martes comezará un novo Torneo de lentas, coas mesmas bases e horarios do recentemente rematado e que novamente suporá a posibilidade de adestrar durante cinco semanas nas partidas longas, mais axeitadas para os que estes meses están a disputar a Liga Galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario