15 de xuño de 2024

COPA GONZALEZ MARCH 2024

Tras o cambio realizado a principio da presente temporada 2023-2024 coa reforma da Copa González March, seguimos a facer algúns cambios nesta proba, mantendo o proxecto de facer no futuro torneos maiores no Sporting Club Casino.

Copa González March, organizada polo Sporting Club Casino e Palaestra con cargo aos seus propios orzamentos, segue na liña de recuperar torneos de lentas, lembrando aos torneos Cidade da Coruña, Teresa Herrera ou Open Provincial que se celebraron no último tercio do século XX nas nosas instalacións.

O torneo pasa a celebrarse no mes de xullo, o tradicional nas probas indicadas, e no mes de setembro coordinaremos cunha nova proba de lentas realizada pola Universidade.

BASES COPA GONZALEZ MARCH 2024

Organizan: Sporting Club Casino e SCD Palaestra.

Datas: Do luns 1 ao venres 5 de xullo de 2024.

Horario de xogo: O primeiro día a presentación será ás 18,30. Horario das partidas: 19,00 horas.

Local de xogo: Sporting Club Casino. Real 83 – A Coruña. 

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas 

ELO: O torneo será válido para ELO standard.

Ritmo de xogo: 60´+ 30” 

Horario de clausura: Venres 5 de xullo as 21,30 horas aproximadamente. 

Emparellamentos: Serán realizados polo programa VEGA. 

Participación: 

1. Será necesario contar con licenza federativa en vigor.

2. Haberá un máximo de 32 participantes.

3. Reservado a xogadores con ELO inferior a 2400.

Inscricións:

A cota será de 20 euros (para aqueles que participen no torneo da Universidade a cota do segundo torneo será bonificada nun 10%). 

Os socios do Sporting Club Casino e de Palaestra terán bonificada a cota nun 50%.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

PREME

O prazo permanecerá aberto ata o 30 de xuño ou ata que se complete o aforo previsto.

Ata o día 15 terán preferencia na inscrición os xogadores federados polo Sporting Club Casino.

O pago realizarase durante a primeira xornada de xogo.

Desempates: a sortear tras a derradeira rolda entre criterios escollidos na primeira rolda. 

Premios: 

1º posto: Trofeo e 90 euros.

2º posto: Trofeo e 65 euros.

3º posto: Trofeo e 40 euros.

4º posto: 20 euros.

1º clasificado socio do Sporting Club Casino: Trofeo e 20 euros.

E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio. 

Director do torneo: Ernesto Pérez Ramil.

Árbitro do Torneo: Francisco Javier García Veiras.

Comité de Competición: As decisións arbitrais tomadas polo árbitro principal ou polo director do torneo como auxiliar poderán ser reclamadas ante o Comité de Competición formado polo director, o árbitro e tres xogadores escollidos por sorteo, dos cales un será membro do equipo federado do Sporting Club Casino.

Actividades complementarias: A organización marcará diversas actividades para as horas previas en cada unha das roldas.

Aspectos varios:

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. 

En caso de xogadores que se inscriban e non asistan ou ben abandoen o torneo a organización vetará a súa participación en calquera outro torneo organizado polas entidades convocantes nos próximos dous anos.

A organización reservase o dereito de admisión e o dereito a modificar as bases do torneo sen outro requisito que a súa publicación na web.


Ningún comentario:

Publicar un comentario