12 de xullo de 2024

SEMANA DO XADREZ EN XULLO

SEMANA DO XADREZ EN XULLO

Tras a semana da Copa González March, temos unha segunda semana de actividade, nesta ocasión no Centro Comercial Los Rosales. Cinco días de actividades previos ao sábado 20 no que se conmemora o Día Mundial do Xadrez.

En que vai consistir esta semana? Unha serie de actividades de balde, grazas ao apoio da Deputación e do Centro Comercial que aquí te resumimos.
Todos os días abriremos ás 18,00 para os que queiran ir botar unhas partidas. 

LUNS 15
Como é o primeiro día de actividade deste mes nos Rosales aproveitaremos para facer o cambio de problemas e adornos do escaparate.
Torneo de partidas lóstrego para os que queiran ás 19,00 horas.

MARTES 16
Dedicaremos o día ao dominó. Sabes? Queres aprender?
Faremos partidas de dominó a partir das 20,00

MÉRCORES 17
En colaboración con INCUDE, faremos un torneo de Xadrez FischerRandom. 
As partidas serán de cinco minutos, pero os xogadores disporán duns minutos antes de cada partida para analizar a situación e pensar estratexia. Roldas ás 19,00 / 19,30 / 20,00 / 20,30 / 21,00
Trofeo para o mellor clasificado.

XOVES 18
Hoxe toca un pouco de adestramento.
Ademais das partidas libres dende 19,00 teremos unha práctica de finais.

VENRES 19
En colaboración con INCUDE, torneo de partidas rápidas rápidas polo "Día do Xadrez". Ritmo 15 minutos finish. 19,00 / 19,30 / 20,00 / 20,30 / 21,00
Trofeo para o mellor clasificado.

Non teremos actividade o día 20, porque xa hai prevista a celebración de dúas actividades polo club Xadrez das Mariñas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario