29 de agosto de 2024

Novo Curso

Estes días agardamos poder anunciar a actividade ata final de ano,

O inicio do curso tanto no CC Los Rosales como no Casino será co inicio do curso escolar o 11 de setembro.

Pero xa o día anterior o día 10 faremos a presentación da actyividade no CC Los Rosales.

Se tes algunha suxerencia estás a tempo de propoñer.

Na imaxe as brancas levan rei e peón contra rei... Quen vai gañar?

17 de agosto de 2024

Resultados semana Día da Xuventude

Unha semana de xadrez con distintas actividades das que as mais interesantes foron o Torneo de ritmo standard e o torneo de ritmo blitz ou lóstrego.

Rematadas estas actividades o xadrez de Palaestra voltará co inicio do curso o martes 10 de setembro.

Durante estes días iremos publicando algunhas das propostas e novidades.

Resultado Torneo Standard:

1 JORGE RODRIGUEZ,   2117  5 19.0 5 18.0 13.0
2 HUGO HERRADOR,  UNIV 1534  4 15.0 4 16.0 10.5
3 FELIX GONZALEZ,     3.5 12.0 3 19.0 13.0
4 MARCO MARCOTE,  S12 1547  3.5 11.5 3 16.5 11.0
5 ZOE RODRIGUEZ,  S12 1455  3.5 9.5 3 16.0 10.5
6 MAR RODRIGUEZ,  S10 1407  2.5 9.0 2 20.0 14.5
7 JORGE ANTONIO MACHUCA,  S14   1 6.0 0 17.5 12.5
8 FELIX GARCIA,     1 2.0 1 20.0 14.5

Resultado Torneo Lóstrego:
1 DANIEL CODESIDO, 1837 5 15.0 5 9.0 13.5
2 JORGE RODRIGUEZ, 2087 4 13.0 4 10.0 16.5
3 IAGO SOTO, 1816 4 12.0 4 6.5 11.0
4 FRANCISCO GARCIA, 1772 3 11.0 3 10.0 17.0
5 JOSE ANGEL RODRIGUEZ, 1862 3 10.0 3 8.0 15.0
6 ABRAHAM PEREIRA, 3 9.0 3 6.5 12.0
7 MARCO MARCOTE, 1578 3 8.0 3 7.5 12.0
8 HUGO HERRADOR, 1534 3 6.0 3 5.0 8.5
9 JOSE MANUEL ANDION, 1616 2 7.0 2 7.5 12.0
10 ZOE RODRIGUEZ, 1455 2 6.0 2 9.0 13.5
11 JOAQUIN DEL RIO, 1765 2 6.0 1 7.5 13.0
12 GABRIEL DEL RIO, 1507 2 5.0 1 8.5 13.0
13 MAR RODRIGUEZ, 1407 2 5.0 1 6.0 9.5
14 MARTIN PEREIRA, 1 5.0 0 7.0 12.5
15 LUCAS RODRIGUEZ, 1517 1 2.0 0 8.5 15.5


6 de agosto de 2024

Semana de xadrez en agosto

A vindeira semana teremos unha nova "semana de xadrez", neste caso repetindo nas datas cercanas ao Día Mundial da Xuventude.
Cos nosos 35 anos de existencia Palaestra é hoxe a entidade prestadora de servizos á xuventude mais antiga no rexistro autonómico.
Aproveitaremos a semana para facer algunhas cousas e aqui publicamos as actividades de xadrez.

TORNEO DÍA DA XUVENTUDE

Organizan: Centro Comercial Los Rosales e SCD Palaestra.

Datas: Luns 12, martes 13 e mércores 14 de agosto de 2024.

Horario de xogo: Dúas roldas diarias ás 17,00 e19,00.

Local de xogo: Centro Comercial Los Rosales – A Coruña. 

Sistema de xogo: Suízo a 6 roldas ou adaptable aos xogadores inscritos. 

ELO: O torneo NON será válido para ELO.

Ritmo de xogo: 30´+ 30” 

Participación: 

1. Aberto a todos os interesados. Non será necesario contar con licenza federativa en vigor.

2. Haberá un máximo de 32 participantes.

Inscricións:

De balde.

Agradécese a entrega de comida (pasta ou arroz) para as nosas accións solidarias.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

PREME

Desempates: a sortear tras a derradeira rolda entre criterios escollidos na primeira rolda. 

Premios: 

Trofeo para os tres primeiros postos.

Trofeo para o mellor xogador de cada unha das seguintes categorías: Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8

Trofeo para o mellor xogador da Universidade.

Medalla para todos os participantes sub14.

Aspectos varios:

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.

A organización reservase o dereito de admisión e o dereito a modificar as bases do torneo sen outro requisito que a súa publicación na web.

TORNEO LOSTREGO

Como actividade complementaria realizaremos un torneo lóstrego, con trofeo para o vencedor, o venres 16 ás 20.00 horas.