6 de agosto de 2024

Semana de xadrez en agosto

A vindeira semana teremos unha nova "semana de xadrez", neste caso repetindo nas datas cercanas ao Día Mundial da Xuventude.
Cos nosos 35 anos de existencia Palaestra é hoxe a entidade prestadora de servizos á xuventude mais antiga no rexistro autonómico.
Aproveitaremos a semana para facer algunhas cousas e aqui publicamos as actividades de xadrez.

TORNEO DÍA DA XUVENTUDE

Organizan: Centro Comercial Los Rosales e SCD Palaestra.

Datas: Luns 12, martes 13 e mércores 14 de agosto de 2024.

Horario de xogo: Dúas roldas diarias ás 17,00 e19,00.

Local de xogo: Centro Comercial Los Rosales – A Coruña. 

Sistema de xogo: Suízo a 6 roldas ou adaptable aos xogadores inscritos. 

ELO: O torneo NON será válido para ELO.

Ritmo de xogo: 30´+ 30” 

Participación: 

1. Aberto a todos os interesados. Non será necesario contar con licenza federativa en vigor.

2. Haberá un máximo de 32 participantes.

Inscricións:

De balde.

Agradécese a entrega de comida (pasta ou arroz) para as nosas accións solidarias.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

PREME

Desempates: a sortear tras a derradeira rolda entre criterios escollidos na primeira rolda. 

Premios: 

Trofeo para os tres primeiros postos.

Trofeo para o mellor xogador de cada unha das seguintes categorías: Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8

Trofeo para o mellor xogador da Universidade.

Medalla para todos os participantes sub14.

Aspectos varios:

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.

A organización reservase o dereito de admisión e o dereito a modificar as bases do torneo sen outro requisito que a súa publicación na web.

TORNEO LOSTREGO

Como actividade complementaria realizaremos un torneo lóstrego, con trofeo para o vencedor, o venres 16 ás 20.00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario