17 de setembro de 2024

Martes de Xadrez

Martes de Xadrez
Curso 2024-2025

Neste espazo recollemos a actividade dos "Martes de Xadrez", actividade gratuíta grazas á axuda da Deputación da Coruña e do Centro Comercial Los Rosales.

En calquera caso agradecemos aos asistentes que se fagan socios de Palaestra (só 10 euros por curso). Os socios que gañen o torneo semanal levarán un pequeno agasallo e o mellor da serie levará un trofeo.

A actividade xeralmente terá dúas fases: 

Podes participar nas dúas accións ou só nunha delas.

Pequena explicación de finais. De 19,00 a 19,30. 
Para calquera idade. O temario de finais de Palaestra é o mesmo que en cursos anteriores. Así que para os que asistiran no pasado sería un reforzo das mesmas. Son finais básicos que valen para distintos niveis de xogo.

Torneo de partidas lóstrego. De 19,30 a 20,30. 
Cinco partidas a cinco minutos con reloxo analóxico.

Días de actividade ata finais de ano.

Setembro: 17 e 24
Outubro: 1, 8, 15, 22 e 29
Novembro: 5, 12, 19 e 26
Decembro: 3, 10 e 17

No 2025 seguiremos coa idea do curso pasado de que a xente adestre para a Liga con partidas lentas, polo que faremos dous torneos de ritmo standard.

Xaneiro: 7 e 14. Os dous primeiros días procederase igoal que nos días anteriores.

Torneo de Lentas
6 roldas. Unha partida diaria.
Días de xogo:
Xaneiro: 21 e 28
Febreiro: 4, 11, 18 e 25
Trofeo para o mellor xogador socio de Palaestra.

Marzo: 11. Este martes será de clase e torneo de blitz

Torneo de Lentas
6 roldas. Unha partida diaria.
Días de xogo:
Marzo: 18 e 25
Abril: 1, 8, 22 e 29
Trofeo para o mellor xogador socio de Palaestra.

No mes de maio retomaremos de novo ao sistema de clase e torneo posterior.
Días de xogo:6, 13, 20 e 27

Ademais destes martes de xadrez durante o curso teremos distintos torneos e outras actividades tamén sen custo, especialmente no nadal.

Para estar ao tanto destas actividades síguenos en Facebook, Instagram ou X (@scdpalaestra)

E lembramos que tamén temos algunhas actividades de pago que poden interesaros. 

10 de setembro de 2024

Xornada de Inicio do curso

Hoxe realizaremos un torneo baixo o nome de "Almirante Lángara", que naceu tal día coma hoxe pero de 1735.

Pásate polo Centro Comercial Los Rosales ás 19.00.