Tamén o xoves 2 imos celebrar un torneo de adestramento para todos. Non é necesario estar federado.
En que consistirá?
En función do número de xogadores presentes poderease adaptar, pero a idea base é xogar un suizo a 5 roldas.
Cada rolda será doble, xogando unha vez con brancas e outra con negras contra o mesmo xogador.
En cada rolda sortearase a apertura que debe xogarse nas dúas partidas.
A variante e as xogadas a realizar de xeito obrigatorio estará incluído nas diferentes papeletas que entrarán no sorteo.
A proba é gratuíta. E adaptaremos o tempo para xogar de 17,00 a 19,30.
Anímate a participar e feliz ano!
Ningún comentario:
Publicar un comentario