20 de xaneiro de 2025

Torneo de Lentas os Martes

Do mesmo xeito que o realizado o pasado ano, iniciamos nos Martes de Xadrez o periodo de adaptación á Liga Galega de Xadrez. Dende febreiro esta competición á que se suman outras probas por equipos e os torneos escolares da Xunta centra a vida do xadrez galego.

Como a Liga é a un ritmo mais lento, retomamos nos Martes de Xadrez, as partidas lentas.

Os xogadores tamén anotarán as partidas para que poidan facer analise despois dos seus acertos e erros. Todos os martes haberá unha pequena explicación de 19,00 a 19,15 e posteriormente disputaremos a rolda diaria.

TORNEO DE XADREZ DE IMBOLC

En relación ao realizado en 2024 haberá uns pequenos cambios, como darlle a actividade un nome; Torneo de imbolc, unha antiga festividade céltica que se celebraba na noite do día 1 de febreiro, con festas que seguramente son parte do actual día da Candaloria.

Ritmo das partidas: 45 minutos por xogador

Días de xogo:
Xaneiro: 21 e 28 / Febreiro: 4, 11, 18 e 25. En vez das cinco roldas do ano pasado serán seis, para rematar xusto co Entroido.

Horario das partidas: 19,15 en adiante.

Emparellamentos: Dado que está dentro da actividade dos Martes de Xadrez no que a participación varía dunha semana para outra os emparellamentos de cada rolda realizaranse cinco minutos antes do inicio de cada rolda cos xogadores presentes nese momento.

Participación: Aberta a tódolos interesados teñan ou non licencia federativa ou vaian ou non xogar a Liga. Admitiranse novos xogadores ao longo de todo o torneo sempre que estean presentes no emparellamento semanal.

Cota: De balde. A actividade está dentro da programación da nosa escola gratuita co apoio da Deputación da Coruña.

Premios: O gañador do torneo levará un trofeo como vencedor desta actividade lúdica.

10 de xaneiro de 2025

Resultado Torneo de Reis

Iago Soto logrou o primeiro posto no Torneo de Reis celebrado o pasado día 5 de xaneiro, empatando a puntos con Marco Marcote. A terceira praza foi para Jorge Rodríguez.

1 IAGO SOTO, 1800 4 14.0 4 16.5 10.0
2 MARCO MARCOTE, 1653 4 13.0 4 12.0 7.5
3 JORGE RODRIGUEZ, 2087 3.5 11.0 3 12.5 8.0
4 MARCOS MARTINEZ JR., 3.5 9.0 3 12.5 8.0
5 FELIX GARCIA, 3 9.0 3 12.5 8.0
6 ABRAHAM MERAYO, 3 9.0 2 11.5 7.0
7 NUNO MORO, 1631 3 8.0 3 13.0 8.5
8 SERGIO RAMOS, 2 7.0 1 13.5 9.0
9 MARTIN MERAYO, 2 5.0 1 12.0 8.0
10 FRANCO FRANCO, 1 3.0 0 14.0 8.5
11 ALEX ESPERON, 1 2.0 0 13.5 8.5

7 de xaneiro de 2025

Reinicio dos Martes de Xadrez

REINICIO DOS MARTES DE XADREZ. HOXE DÍA 7.

O primeiro Martes de Xadrez deste 2025 terá como novidade que dedicaremos toda a sesión de 19,00 a 20,30 a realizar un Torneo Lóstrego.

Neste torneo haberá un pequeno trofeo para o vencedor.

Antes, de 17,00 a 19,00, teremos unha actividade especial para todos aqueles rapaces que disputan os escolares cos equipos do Casino, CIDU e Xadrez das Mariñas. Se non estás en ningún equipo tamén podes asistir.

O experimentado xogador Marcos Martínez realizará un adestramento con estes rapaces, previo ao torneo, no que queremos sexa un adestramento especial para os torneos provinciais que van ter lugar a partir do sábado 11.

4 de xaneiro de 2025

Próximas actividades

Este domingo, día 5, teremos o Torneo de Reis dos Rosales, a denominación que neste 2025 colle o torneo da Noite de Reis.
En próximos anos en función do calendario que se realice na cidade éprobable que este torneo pase a ser de varios días e por categorías.
En calquera caso no tocante a 2025 este será o formato:

TORNEO DE REIS. DÍA 5.
Ritmo: 3' + 2''
Sistema: Suizo a 5 roldas.
Inscrición; vinte minutos antes na sala de xogo. 
Hora: 19,00.
Cota: 1 kilo de pasta ou arroz.
Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados.

INICIO DOS MARTES DE XADREZ. DÍA 7.
O primeiro Martes de Xadrez deste 2025 terá como novidade que dedicaremos toda a sesión de 19,00 a 20,30 a realizar un Torneo Lóstrego.
Neste torneo haberá un pequeno trofeo para o vencedor.
Antes, de 17,00 a 19,00, teremos unha actividade especial para todos aqueles rapaces que disputan os escolares cos equipos do Casino, CIDU e Xadrez das Mariñas. 
Marcos Martínez realizará un adestramento con estes rapaces, previo ao torneo, no que queremos sexa un adestramento para os torneos provinciais a realizar a partir do sábado 11.

2 de xaneiro de 2025

Xadrez no inicio de 2025

Temos varios días antes de que se disputen os torneos provinciais e imosir marcando actividades para os interesados na Escola de Xadrez no Centro Comercial Los Rosales.

Xoves 2

17,00 en adiante. Partidas con apertura obrigatoria

Domingo 5

19,00 Toreno de Reis dos Rosales

Martes 7

19,00 Primeiro martes de xadrez do 2025