20 de xaneiro de 2025

Torneo de Lentas os Martes

Do mesmo xeito que o realizado o pasado ano, iniciamos nos Martes de Xadrez o periodo de adaptación á Liga Galega de Xadrez. Dende febreiro esta competición á que se suman outras probas por equipos e os torneos escolares da Xunta centra a vida do xadrez galego.

Como a Liga é a un ritmo mais lento, retomamos nos Martes de Xadrez, as partidas lentas.

Os xogadores tamén anotarán as partidas para que poidan facer analise despois dos seus acertos e erros. Todos os martes haberá unha pequena explicación de 19,00 a 19,15 e posteriormente disputaremos a rolda diaria.

TORNEO DE XADREZ DE IMBOLC

En relación ao realizado en 2024 haberá uns pequenos cambios, como darlle a actividade un nome; Torneo de imbolc, unha antiga festividade céltica que se celebraba na noite do día 1 de febreiro, con festas que seguramente son parte do actual día da Candaloria.

Ritmo das partidas: 45 minutos por xogador

Días de xogo:
Xaneiro: 21 e 28 / Febreiro: 4, 11, 18 e 25. En vez das cinco roldas do ano pasado serán seis, para rematar xusto co Entroido.

Horario das partidas: 19,15 en adiante.

Emparellamentos: Dado que está dentro da actividade dos Martes de Xadrez no que a participación varía dunha semana para outra os emparellamentos de cada rolda realizaranse cinco minutos antes do inicio de cada rolda cos xogadores presentes nese momento.

Participación: Aberta a tódolos interesados teñan ou non licencia federativa ou vaian ou non xogar a Liga. Admitiranse novos xogadores ao longo de todo o torneo sempre que estean presentes no emparellamento semanal.

Cota: De balde. A actividade está dentro da programación da nosa escola gratuita co apoio da Deputación da Coruña.

Premios: O gañador do torneo levará un trofeo como vencedor desta actividade lúdica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario